Pablo Insua
Pablo Insua Blanco (Arzúa, A Coruña, España, 9 de setembro de 1993) é futbolista do Schalke 04 alemán, inda que na tempada 2018 – 2019 xogou cedido na S.D. Huesca.
É campeón de Europa coa selección española sub-19 e foi convocado no 2013 por Julen Lopetegui para xogar dous partidos coa selección española sub-21, contra Bosnia-Herzegovina e Hungría.
Considerado unha das perlas da canteira herculina, ademáis de xogar no Deportivo de A Coruña tamén militou cedido no Leganés, clube co que alcanzou a primeira división, anotando ademáis o gol do ascenso.
Foi incluido no 11 ideal da segunda división na tempada 2013 – 2014, e ademáis galardoado co premio o Mellor Defensa da Liga Adiante 2013-2014.